<$BlogRSDURL$>










Somos
Nurecha, Xan Guindán e Pobreloko







Template do:












Deus Mono, Jaimelamismo, e Duartecentrismo.

15:44

Todo o mundo escoitou falar do Deus Mono, do Jaimelamismo, ou do Duartecentrismo, pero non todo o mundo sabe que é cada unha destas cousas. Con este post pretendo establecer as diferencias entre estes tres importantes conceptos.

A RELIXIÓN DO DEUS MONO

"Se o home procede do mono, e Deus creou ao home ás súa imaxe e semellanza, entón Deus é un mono". Con esta frase, Fran (o heavy), sentou as bases do que posteriormente sería a Relixión do Deus Mono. Pero...¿en que se diferencia esta relixión das demais? ¿Cales son as súas características? Pois ben, en primeiro lugar, o Deus Mono creou da nada unha xigantesca mesa de billar á que nos chamamos Universo. Nela, o Supremo xoga a meter tódalas bolas (planetas e astros) nos buracos (furados negros). A bola número 8, é a Terra. Nela, o Deus Mono, creou a vida humana. A súa finalidade é obter da nosa especie asesores e escravos. ¿Con isto que quero dicir? Pois que o Deus Mono, na súa infinita sabiduría, premiará aos que leven unha vida pura, axudándoo na partida de billar eterna; e castigará aos malvados e perversos a traballar polos séculos dos séculos no seu bananar privado.

O JAIMELAMISMO

O Jaimelamismo é a única corrente de pensamento que o Deus Mono acepta e considera válida. Por iso, enviou ao Gran Mestre Jaime Lamas para adoutrinar e formar ás masas nos principios e ideal de vida do Deus Mono. Pero, ¿Cales son os principios Jaimelamistas?

- Jaime Lamas é a persoa máis sabia da Terra
- Jaime Lamas goza da bendición do Deus Mono
- Jaime Lamas é inmortal
- Tódolos Jaimelamistas teñen que ir pola vida "En plan campeón total"
- A historia é a única asignatura que vale a pena, pero só cando a da el.
- Os exames de Jaime Lamas non son difíciles, o que pasa e que nos somos moi burros.
- Os que non lle prestan atención a Jaime Lamas nas clases son herexes.

O DUARTECENTRISMO

O Duartecentrismo é o movemento que vela pola pervivencia da Relixión do Deus Mono e da aplicación dos principios Jaimelamistas. O Deus Mono reveloulle a Duarte as verdades absolutas expostas anteriormente, por iso, creou a Igrexa Duartecentrista, da que Isaac é Sumo Teócrata, Nuria Sacerdotisa, e Alba Catedrática.


P.D: Tódolos comentarios acerca de profesores e alumnos que aparecen neste post, fanse dende unha perspectiva de respeto e profunda admiración. Non se pretende ferir a sensibilidade de ninguén


Garrapateado na parede por Xan Guindán

(0) Abriron a boca:



*Template, imaxes e videos polo Pobreloko*

document.write("
<$BlogArchiveName$>
")