<$BlogRSDURL$>










Somos
Nurecha, Xan Guindán e Pobreloko







Template do:












Discurso despedida 2º Bacharelato 2005/06

22:04

Fai agora uns dezasete anos, quen máis e quen menos de nós deu o seus primeiros pasos. Uns primeiros pasos que, sempre coa axuda da familia, titubeantes, inseguros, logramos andar.

Quizais hoxe non nos pareza, ou non queiramos, darlle importancia, pero seguro que eles lembran orgullosos o día no que os seus fillos, netos... deron os seus primeiros pasos ¿verdade?

Por moito que o pensemos, seguimos sendo ese pequeno, esa pequena que un día botou a andar. Pero non so nós, os rapaces, senón todos os que hoxe ocupamos esta sala. Creo, e espero non equivocarme, que todos aprendimos algo dos demáis, que dende que dimos o primeiro paso, tamén foi para axudarlles a camiñar xuntos.

Nos, somos de moi distintos lugares, pero por un ou outro camiño chegamos ata aquí.Un ano, dous, ou toda unha vida xuntos nos marca e, cos nosos mais e menos, cos nosos problemas e as nosas dificultades, conseguimos camiñar xuntos ata aquí. E acó estamos para dar outro paso, conscientes todos da súa importancia. Para algúns será unha despedida, pode que outros non nos vexamos mais, pode que algúns inseparábeis, aprendan a selo a quilómetros de distancia, pero aínda así non temos medo, e daremos este paso convencidos. Nerviosos, si, pero convencidos.

Porque chegamos á encrucillada na que os nosos camiños sepáranse, o momento no que moitos de nos deixamos o niño e outros moitos continuaremos o camiño nesta cidade, pola nosa conta agora.

E o facemos coas nosas ilusións anovadas, as pilas cargadas, con todas as nosas forzas, dispostos a soltarnos das vosas mans berrando: aquí estamos, con ganas de demostrarvos que todo o esforzo, a paciencia e o cariño entregados serviron para algo, que foi unha inversión de futuro, e que temos ganas de escribilo. Que queremos darvos motivos para estar orgullosos de nós, e que dentro duns anos podades mirarnos e cunha bagoa nos ollos, dicir: Este é o meu fillo, mentres pasamos por diante camiñando coa cabeza alta.

Vos, os pais, uns con ilusión, outros con alegría, outros preocupados, outros... estades aquí hoxe para axudarnos a dar ese paso, para soltarnos a man e animarnos mentres observades como damos os nosos primeiros bandazos sós, sabedores de que necesitamos de vos detrás para evitar que caiamos ó chan.

Pero non pensedes que o que ven agora é doado, non. Estamos a piques de levantar un pe sos por primeira vez. Ante nos temos tempos duros: a selectividade, o ano vindeiro, coñecer nova xente, aprender a convivir, sobrevivir fora de casa... e tamén bos momentos: o ano vindeiro, coñecer nova xente, aprender a convivir, sobrevivir fora da casa...e sabemos e queremos facervos saber que non somos nós sos os que daremos ese paso, que agora máis ca nunca precisamos de vos, tanto pais, como profesores, necesitamos da vosa experiencia e da vosa habilidade camiñando, porque como din algúns, o aprendizaxe é un proceso de imitación.

Non vos preocupedes se caemos, erguédenos; nos vos preocupedes se temos un rabuño, axudádenos coas curas. Queremos partir sos e demostrarvos quen somos, demostrarlle ó mundo o que nos ensinastes a ser.

Este tempo xuntos foi para min unha ledicia, e anque eu, como moitos, cheguei só, a cegas, pronto atopei cun grupo de tolos co que botar unhas risas, que motivos non nos faltaron, e momentos que recordar, dos que tamén temos: Madrid, Salamanca, París, Xixón, Santiago, Coruña, e mesmo Ferrol, porque dende logo, nos non paramos, como dicía un home que estivo non hai moito con nos: Lo que enseña un viaje no lo dan mil universidades.
E pode que tivera razón. Pero os bos momentos non so chegaron fora do centro, xa que incluso na aula atopamos motivos para rir un rato, que os nosos profesores souberon ensinarnos que ante todo, unha das cousas mais importantes é o humor e que as cousas apréndense mellor cando o pasas ben, e eles preocupáronse diso: a Semana Verde, O Gran circuíto, O quebracabezas, os festivais, charlas, o Entroido...Dende logo que este instituto non da descanso.

Por iso non somos nos os merecedores dunha homenaxe hoxe, aquí temos algúns homes e mulleres que tiveron a responsabilidade de ocupar a nosa cabeza coa cultura, que pode ser mais ou menos útil, e cumpriron outra labor aínda mais valiosa, a nosa educación, os nosos valores.
Coa súa axuda aprendemos a ser persoas, e anque as veces podamos resultar esgotadores, espero que polo menos de aquí a un tempo podan, podamos mirar cara atrás e botar un sorriso recordando os momentos pasados xuntos, que motivos non faltan.

E anque deixar de falar sexa adiantar a despedida, e cada vez teñamos máis preto ese momento, espero que ó dicirvos adeus podamos lembrar eses bos momentos xuntos que nos regalamos estes anos.

Chega xa o momento de que nos deades a ultima aperta na man e nos axudedes a tomar o derradeiro pulo.

¡Agora, tócanos camiñar sos!


Garrapateado na parede por Pobretolo

(0) Abriron a boca:



*Template, imaxes e videos polo Pobreloko*

document.write("
<$BlogArchiveName$>
")